terça-feira, 11 de janeiro de 2011

A CIG publicou na rede unha web específica para a Folga Xeral

A CIG analizou necesario convocar unha nova Folga Xeral, antes de que se aprobe a Reforma das Pensións  prevista, moi lesiva para os intereses das traballadoras e traballadores. Valorou necesario unha Folga unitaria e así o fixo saber ao resto das centrais sindicais o 29 de Decembro de 2010. A CIG propuso unha data orientativa para realizar a Folga Xeral o 27 deste mes de Xaneiro de 2011, mais disposta á súa modificación, para consensuar unha nova data, para que a resposta fose unitaria. Mais as centrais sindicais CCOO e UGT están empantandas nunhas negociaicións onde o goberno manifesta unha e outra vez que haberá reforma das pensións e aumento da idade de xubilación aos 67 anos, con o sen acordo.

A CUT e a CGT-Galicia, respostaron positivamente á convocatoria de Folga Xeral para este 27X.

En Euskal Herria, a maioría sindical vasca convocou Folga Xeral para o 27X.

A CIG publicou na rede unha web específica para a Folga Xeral, onde non só analiza os motivos da necesidade de facer unha nova Folga Xeral, senón que publica as últimas novas sobre a negociación da reforma das pensión, opinións [Manuel Mera, Vicenç Navarro, Daniel Alvarracín],  e reportanxens; videos de moito interese; materiais publicitarios; as últimas mobilizacións; así como diferentes documentos onde se avalian as diferentes reformas laborais e en especial a última que provocou a Folga Xeral do 29S, ás medidas económicas neoliberais do goberno español contra a clase traballadora, .... Paga a pena parar-se na citada web.

http://folgaxeral.galizacig.com/
__________________

Nenhum comentário:

Postar um comentário